O TM Monte Porreiro vence con contundencia ao Leganés (4-0)
Por Redacción & Diego Torrado
Primeira vitoria do ano para o Tenis de Mesa Monte Porreiro, esta vez ante o Leganés, pechacancelas de Superdivisión Masculina. O conxunto pontevedrés, que viña de perder contra o Borges Vall, dominou o encontro e impúxose por 4-0.
Comezou o duelo no Príncipe Felipe con vitoria de Horacio Cifuentes sobre Emilio García-Romeu cun contundente 3-0. Acto seguido chegou a quenda de Martin Betancor e Libre Sancho. O primeiro xogo levoullo o xogador do Leganés, pero Betancor conseguiu voltear o resultado para levar o set por 3-1 e sumar o segundo punto para os de Pontevedra.
No terceiro cruzamento, Tomás Joffre enfrontouse a Borja Sánchez e, aínda que cedeu o terceiro xogo, acabou levándose o partido por 3-1 pechando o último set cun bo punto de saque.
Co 3-0 no marcador global, chegou o duelo final. Betancor regresou á pista para facerse cunha nova vitoria, esta vez fronte a Emilio García-Romeu ao que venceu con claridade por 1-11, 7-11 e 2-11 e sentenciar o encontro.
Consulta a acta do partido Visit Pontevedra-Leganés na seguinte ligazón.
DERROTA DO FEMININO
O conxunto feminino do Tenis de Mesa Monte Porreiro non puido facer nada fronte ao Cidade de Narón.
O único set para as de Pontevedra conseguiuno Mar Rivas no seu duelo ante Claudia Canay, poñendo o 3-1 no marcador global. A pesar diso, as pontevedresas terminaron caendo por 5-1 no partido correspondente á xornada 13 de División de Honra Feminina.
Consulta a acta do partido Cidade de Narón-Visit Pontevedra na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O xaponés Shohei Onodera, preparado para debutar co Tenis de Mesa Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro salva un empate na súa visita ao L'Escala (3-3)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O TM Monte Porreiro regresa á competición con derrota fronte ao Borges Vall (4-0)
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro cede un empate na visita do Universidade de Burgos
Por Redacción |
-
Vitoria contundente do TM Monte Porreiro fronte ao Alacante (1-4)
Por Redacción |