O TM Monte Porreiro cede un empate na visita do Universidade de Burgos
Por Redacción
A última xornada do ano da Superdivisión Masculina de Tenis de Mesa disputada no pavillón de Príncipe Felipe entre o TM Monte Porreiro e o Universidade de Burgos acabou en táboas. O cadro pontevedrés tivo a vitoria na súa man, pero caeu no último duelo para deixar o marcador en empate a tres.
Comezou o enfrontamento coa vitoria do local Horacio Cifuentes sobre o visitante Miguel Núñez por 3 a 1. No segundo cruzamento Guillermo perdeu por 3-1 ante Carlos Caballero e remontaron os burgaleses no terceiro coa vitoria de Alexandru Cristian Cazacu sobre Pedro Fernández por 3-0.
O cadro pontevedrés conseguiu voltear o partido coas vitorias de Guillermo Martínez e Horacio Cifuentes ante Miguel Nñez e Alexandru Cristian Cazacu, respectivamente.
No duelo final, Pedro Fernández non puido facer nada diante do furacán que desatou Carlos Caballero sobre a mesa, que venceu os tres xogos con claridade. (11-4, 11-3 e 11-3) para asinar a repartición de puntos.
VITORIA DO FEMININO
O grolo doce da xornada protagonizouno o equipo feminino, que suma unha nova victora na súa andaina pola División de Honra. As pontevedresas derrotaron por 4-2 ao Autoescola Tatchepol Ripollet grazas á actuación de María Teresa Nine e Noa Bernárdez que gañaron os seus dous partidos. Menos afortunada estivo Mar Rivas, que caeu nos dous choques que disputou.
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro salva un empate na súa visita ao L'Escala (3-3)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O TM Monte Porreiro vence con contundencia ao Leganés (4-0)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O TM Monte Porreiro regresa á competición con derrota fronte ao Borges Vall (4-0)
Por Redacción |
-
Vitoria contundente do TM Monte Porreiro fronte ao Alacante (1-4)
Por Redacción |