A expedición pontevedresa e arousá xa está en China para o mundial de piragüismo maratón
Por Manu Otero
A cidade chinesa de Shaoxing acolle a partir deste xoves o campionato do mundo de piragüismo maratón. A delegación pontevedresa e arousá, composta por trece padeeiros de diversos clubs de ambas as rías, atópase xa no país asiático coa ilusión de regresar a casa cun bo puñado de medallas na maleta.
As embarcacións chinesas e húngaras parten unha vez máis como as principais rivais dos deportistas galegos, que terán que ofrecer a súa mellor versión para facerse sitio no podio.
A competición comeza o día 17 coa disputa das primeiras finais de categoría júnior e absoluta. Na modalidade de K1 tomarán a saída na proba curta o deportista do Piragüismo Vilaboa, Antonio Palmas; e a arousana Tania Álvarez. Os mozos da Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, Pablo Crespo e Diego Piñeiro, tamén se xogarán as súas opcións de vitoria no primeiro día de competición, cando está prevista a disputa da regata do C2 júnior.
Ao día seguinte será a quenda do seu compañeiro Jaime Duro, que buscará o éxito a bordo do seu C1 en categoría sub 23. Un dos padeeiros máis laureados do mundo nesta disciplina, Tono Campos, tratará de ampliar a súa palmarés nesta segunda xornada de campionato do mundo. Do mesmo xeito que as pontevedresas Jennifer Casal e Raquel Rodríguez, vixentes campioa e subcampioa de España en C1 sénior.
A xornada do sábado é para as embarcacións dobres. No C2 masculino volverá producirse un atractivo duelo entre padeeiros galegos. A dupla que integran Óscar Graña e Pedro Areal medirase ao dúo formado por Tono Campos e Diego Romero. Ademais, a bordo do seu Kaiak a arousás Tania Fernández e Tania Álvarez tentarán meterse na loita polas medallas.
A participación pontevedresa neste campionato pecharase o domingo coa presenza de Jaime Sobrado e Iván Alonso na final do K2 absoluta.
Todas as regatas poden seguirse en directo pola páxina oficial do campionato do mundo ( https://www.canoeicf.com/canoe- marathon- world- championships/ shaoxing-2019 ) a partir das 10.30 horas, en horario español.
Relacionadas:
-
Prata para Tania Álvarez e un segundo ouro para Tono Campos na última xornada do Mundial de Maratón
Por Almu Dapena |
-
Ouro para Tono Campos e bronce para Pablo Crespo e Diego Piñeiro no Mundial de Maratón
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
Os arousáns Diego Romero e Tono Campos asinan o primeiro dobrete para España no mundial de maratón
Por Manu Otero |
-
Jenifer Casal, Raquel Rodríguez, Jaime Sobrado e Óscar Graña xa teñen a súa praza no Mundial de distancia maratón
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Dous ouros e dúas pratas na primeira xornada do Campionato de España Maratón
Por Sofía Lorenzo |
-
O pase ao mundial de China de piragüismo maratón decídese en Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Tres novas medallas na última xornada do Europeo de Piragüismo Maratón
Por Sofía Lorenzo |
-
Tono Campos consegue o primeiro ouro para España no Europeo de Piragüismo Maratón
Por Sofía Lorenzo |
-
Tono Campos inicia o Europeo de Piragüismo Maratón cunha medalla de prata na carreira curta
Por Redacción |
-
Os únicos ouros galegos da Copa España de Piragüismo Maratón son de Jenifer Casal e Tono Campos
Por Redacción |