Xavier Meizoso e Tania López, campións da cronoescalada en bicicleta ao alto de Mesego
Por Redacción
O pasado domingo, un total de 70 deportistas percorreron os seis quilómetros da subida ao alto de Mesego, en Cuntis, en bicicleta de estrada.
Esta segunda edición da cronoescalada en bicicleta está organizada polo Club de Montaña Xesteiras e o seu obxectivo é consolidar esta proba no calendario galego de ciclismo en estrada.
O gañador absoluto en categoría masculina foi o ferrolán Xavier Meizoso Torres, que chegou á meta cun tempo de 00:16:36. En categoría feminina, a primeira ciclista en finalizar a proba, foi Tania López Eyo do Club Xesteiras de Cuntis, que atravesou a meta cun tempo de 00:27:08.
Concedéronse uns mil euros en premios onde os tres primeiros clasificados de cada categoría recibiron unha pequena dotación económica de 50, 30 e 20 euros respectivamente, ademais de complementos deportivos e agasallos dos patrocinadores.