O saltador Jean Marie Okutu logra o bronce no campionato de España
Por Manu Otero
A localidade alacantina de La Nucia acolleu a pasada fin de semana o campionato de España de atletismo na que o saltador marinense, Jean Marie Okutu, conseguiu a medalla de bronce por detrás de Eusebio Cáceres e Héctor Santos.
O atleta do FC Barcelona quedou a 40 centímetros dos dous primeiros, que asinaron senllos saltos de 7,95 metros. Cunha marca de 7,55 metros, o galego quedou lonxe dos seus mellores rexistros, con todo serviuse para subirse unha vez máis ao podio dun campionato nacional.
Neste evento tamén participaron os altetas da Sociedade Ximnástica, que tivo no bronce obtido por Ignacio Sarmiento en 400 metros valos a mellor actuación dos nove deportistas que desprazaron a Alacante. O corredor almeriense asinou a súa mellor marca persoal ao chegar á meta en 50.57. Ademais, Pablo Martínez terminou quinto no decatlón, Jaime Canas, oitavo en 10.000 marcha; Andrea González, finalista en lanzamento de xavelina; e Eduardo Gallardo, Ignacio Sarmiento, Ben Amar Djellal e Roberto Tello concluíron sextos en en a substitución 4x400.
Con estes resultados, a escuadra lerezana pecha a súa participación nos principais campionatos da tempada na que "o balance é positivo e estamos moi orgullosos dos resultados que conseguiron os nosos atletas", afirman nun comunicado.
Relacionadas:
-
Jean Marie Okutu, undécimo título nacional de lonxitude para encherse de moral ante o reto olímpico
Por Diego Espiño |
-
Manuel Hurtado, da Ximnástica, prata no Campionato de Europa Máster
Por Redacción |
-
A Gimnástica de Pontevedra comeza a preparación da nova tempada
Por Almu Dapena |
-
Inmellorables resultados da Gimnástica no Galego Absoluto de atletismo
Por Sofía Lorenzo & Cristina Saiz |
-
A Gimnástica suma experiencia no Campionato de España Sub-20 de atletismo
Por Redacción |
-
Jean Marie Okutu, premiado pola Universidade de Vigo como mellor estudante deportista do ano
Por Redacción |
-
Okutu queda ao bordo do podio no Campionato Iberoamericano
Por Redacción |