Jean Marie Okutu, premiado pola Universidade de Vigo como mellor estudante deportista do ano
Por Redacción
O auditorio do Concello de Vigo foi o escenario escollido pola universidade para celebrar a súa tradicional Gala do Deporte Universitario, no que se recoñeceu a traxectoria de varios deportistas da comarca.
Entre eles destacou un nome por encima de todos, o do atleta marinense Jean Marie Okutu, olímpico en 2016 en salto de lonxitude e estudante de Fisioterapia, que recibiu a Mención Especial ao Estudante Universitario do Ano.
Okutu foi recoñecido ademais co Premio á Excelencia Académica e Deportiva, creado para destacar aos deportistas que "constitúen auténticos exemplos de coherencia e de constancia e por ser capaces de levar en paralelo os seus estudos e as súas competicións".
Nesta categoría recibiron distinción tamén a nadadora do salvamento caldense Antía García e a piragüista Tania Álvarez do Breogán do Grove, ambas as alumnas de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, ademais da atleta tudense Leticia Fernández, alumna de Fisioterapia en Pontevedra, e o xogador de voleibol Pedro Manuel Fernández.
Por outra banda na gala foron premiados os e as deportistas que foron medallistas nacionais e internacionais durante o pasado curso, entre os que se atopa os loitadores pontevedreses Lydia Pérez e Pablo García, o nadador do Galaico Daniel Sánchez e o taekwondista marinense Iván García, entre outros.
Relacionadas:
-
Bea Gómez Cortés, mellor deportista do ano para a Universidade de Vigo
Por Redacción |
-
O saltador Jean Marie Okutu logra o bronce no campionato de España
Por Manu Otero |
-
Caldas presume con Antía García de campioa mundial de socorrismo
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Unha estrea de altura para as novas pistas de atletismo de San Pedro
Por Diego Espiño |