Okutu queda ao bordo do podio no Campionato Iberoamericano
Por Redacción
Non puido repetir Jean Marie Okutu as medallas de prata conseguidas en 2012 e 2016 nos Campionatos Iberoamericanos de Atletismo.
O deportista marinense competiu esta fin de semana en Trujillo, Perú, nunha nova edición dos campionatos na que só puido ser cuarto no concurso de salto de lonxitude.
Okutu asinou un mellor intento de 7.75 metros, e quedou a 4 centímetros do podio.
O vencedor da proba e gañador por tanto da medalla de ouro foi o peruano José Luis Mandros (7.87 metros), sendo a prata para o chileno Daniel Pienda (7.81 metros) e o bronce para o uruguaio Emiliano Lasa (7.79 metros).
Mellor foron as cousas a outra das galegas en liza, a canguesa Solange Pereira, que levou o ouro na proba dos 1.500 metros.
Relacionadas:
-
O saltador Jean Marie Okutu logra o bronce no campionato de España
Por Manu Otero |
-
O Campionato Iberoamericano, novo reto para Jean Marie Okutu
Por Redacción |
-
Jean Marie Okutu non logra meterse na final europea de lonxitude
Por Diego Espiño |
-
Jean Marie Okutu salta cara ao Europeo de Berlín
Por Redacción |