Jean Marie Okutu, undécimo título nacional de lonxitude para encherse de moral ante o reto olímpico
Por Diego Espiño
Subidón de moral para Jean Marie Okutu na súa pelexa por estar o próximo verán nos que serían os seus segundos Xogos Olímpicos, os de Tokyo 2020.
O atleta marinense recuperou dous anos despois o trono nacional en salto de lonxitude no Campionato de España de Pista Cuberta celebrado en Ourense. É o seu undécimo título, o quinto baixo teito tras os de 2013, 2014, 2015 e 2016.
Fíxoo ademais nun emocionante concurso co que foi o seu gran rival durante os últimos anos, Eusebio Cáceres, ao que bateu no último intento coa que é o seu mellor marca da tempada (7,93 metros). Okutu chegou á última rotación primeiro grazas ao seu terceiro salto de 7,83, pero Cáceres superoulle con 7,91 metros no seu último salto. Tocáballe despois a quenda ao marinense do FC Barcelona, con todo o pavillón atento, para recuperar o primeiro posto por só 2 centímetros.
Este resultado, moi celebrado, chega nun ano especial, coa clasificación olímpica como gran reto da tempada de verán que agora empeza. Será o máis difícil aínda, e é que a marca mínima establecida para estar en Tokyo é de 8,22 metros, o que supoñerá a Jean Marie Okutu saltar máis lonxe que nunca, máis aló dos 8,17 metros que lle valeron en 2016 o pasaporte a Río. Ata o 29 de xuño, data límite para acreditar a marca, todo é posible.
SETE ATLETAS DA GIMNÁSTICA COMPETIRON NO NACIONAL
En Ourense estivo ben representada a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, con sete deportistas que a pesar de deixar unha grata impresión en moitos casos non lograron avanzar ás finais.
Competiron no Campionato de España: Claudia Torres (200 metros lisos), Roberto Tello (400 metros), Lucía Ferrer (60 valos), Eva Arias (1.500 metros), Hassan Izzeddine (1.500 metros), Carlos Porto (1.500 metros) e David de la Fuente (800 metros).
Relacionadas:
-
O Nacional en Pista Cuberta máis rifado dos últimos anos, primeiro gran reto de 2021 para Jean Marie Okutu
Por Redacción |
-
Baño de ouro de Raúl Cortizo nun campionato galego sub 20 dominado pola Gimnástica
Por Redacción |
-
Pamplona e Vigo, sedes para os primeiros encontros de liga da Gimnástica
Por Redacción |
-
15 medallas e 5 mínimas nacionais, balance da Gimnástica no Campionato Galego en Pista Cuberta
Por Redacción |
-
O saltador Jean Marie Okutu logra o bronce no campionato de España
Por Manu Otero |