Experiencia nacional para o Galaico Sincro
Por Redacción
O Club Galaico Sincro segue empeñado en crecer aos poucos, e así o demostrou no recente Campionato de España Infantil de Natación Artística de Primeira División, onde competiron os 16 mellores clubs do país tras clasificarse no pasado Nacional de Inverno.
O conxunto pontevedrés finalizou nun meritorio 12º posto, sendo o único club galego na competición.
O Galaico acudiu á cita cunha decena de nadadoras presentando rutinas de sós, dúos, equipo e rutina combinada.
Sara Fernández, Almudena García, Lola Gómez, Sara Marescot, Andrea Pazos, Paola Piñeiro, Paula Riveiro, Sara Villanueva e como reservas Alicia Laredo e María Maquieira representaron o equipo no Nacional.
Ademais do resultado na rutina de equipo, Andrea Pazos participou na categoría individual e no dúo con Paula Riveiro, finalizando en ambos os casos no posto 19.
Superada esta cita, o Club Galaico Sincro céntrase agora na súa última competición da tempada, o Campionato de España Alevín-Júnior que se celebrará do 11 ao 14 de xullo en Sabadell.
Relacionadas:
-
O Galaico Sincro retoma os seus adestramentos
Por Redacción |
-
Unha nadadora e unha adestradora do Galaico Sincro, convidadas ao Campus Ranking 30 Alevín da RFEN
Por Redacción |
-
Choiva de medallas para o Galaico Sincro no galego de natación artística
Por Redacción |
-
Obxectivo cumprido para o Galaico Sincro no Campionato de España de Natación Artística
Por Redacción |
-
O Galaico Sincro, mellor club do Campionato Galego de Inverno
Por Redacción |