Obxectivo cumprido para o Galaico Sincro no Campionato de España de Natación Artística
Por Redacción
O Club Galaico Sincro participou a pasada fin de semana no Campionato de Inverno Alevín e Infantil de Natación Artística celebrado na localidade catalá de Sabadell.
Fíxoo cumprindo obxectivos, ao alcanzar a clasificación na Primeira División en ambas as dúas categorías.
As nadadoras do club pontevedrés víronse as caras cos grandes equipos do territorio nacional, alcanzando uns meritorios postos quince -de trinta e sete clubs participantes- en categoría alevín e un posto dezaseis -entre corenta- en categoría infantil.
As deportistas do Galaico Sincro que participaron no Nacional foron: Blanca Castro, Lorena Piñeiro, Mercedes Domínguez, Daniela Suarez, Nayeli Expósito, Uxía Pazos, Paula Fernández e Antía Riveiro na categoría alevín, y Lucía Logroño, Almudena García , Andrea Pazos, Sara Villanueva, Paola Piñeiro, Lola Gómez, Sara Fernández, Sara Marescot, Alicia Laredo, Paula Riveiro e María Maquieira na categoría infantil, acompañadas das súas adestradoras María Jesús Refojo e Diana Fernández.
Como premio, as participantes no campionato puideron gozar dunha exhibición da Selección Española Absoluta na que mostraron as rutinas que presentarán nos próximos encontros internacionais.
Relacionadas:
-
Unha nadadora e unha adestradora do Galaico Sincro, convidadas ao Campus Ranking 30 Alevín da RFEN
Por Redacción |
-
Experiencia nacional para o Galaico Sincro
Por Redacción |
-
Choiva de medallas para o Galaico Sincro no galego de natación artística
Por Redacción |
-
O Galaico Sincro, mellor club do Campionato Galego de Inverno
Por Redacción |
-
Dúas nadadoras do Galaico Sincro, únicas galegas na concentración nacional alevín
Por Redacción |