O Waterpolo Pontevedra alza a Copa Galega e consegue o seu segundo dobrete consecutivo
Por Redacción
O Waterpolo Pontevedra manda en Galicia. Ao seu recente título de campión de liga na máxima división autonómica, o club pontevedrés sumou a fin de semana o primeiro posto na Copa Galega Absoluta Masculina celebrada na piscina Rosario Dueñas de Ourense.
Trátase do segundo dobrete consecutivo liga-copa dos de Javi de Sáa, e o quinto en toda a súa historia.
Cinco equipos tomaron parte no torneo, empezando o Pontevedra na fase previa medíndose a Marina Ferrol e CN Coruña. Tras vencer os primeiros por un claro 6-13, a final esperaba ao vencedor do duelo ante os da Coruña, un duelo de alternativas no que houbo que superar un marcador parcial de 6-7 e no que sufriron ata o último minuto para conseguir a clasificación ao gañar por 11-10.
No partido polo título esperaba o club anfitrión, o Pabellón Ourense, que gañara ao CW Lugo na súa semifinal por 7-14.
O choque iniciouse con certa igualdade no primeiro cuarto (2-2), pero un parcial de 5-0 para os pontevedreses fíxolles chegar 7-2 ao tempo definitivo, vantaxe que non desaproveitarían pechando o partido por 9 goles a 4.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra comeza a pretemporada na praia
Por Manu Otero |
-
A base do waterpolo galego mídese no Centro Galego de Tecnificación Deportiva
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra organizará en Marín o Campionato de España Xuvenil de 2ª División
Por Redacción |
-
O equipo absoluto feminino do Waterpolo Pontevedra, campión da Copa Galega
Por Redacción |
-
O CW Pontevedra, de novo campión da Liga Galega de waterpolo
Por Redacción |
-
Puntos de experiencia para a canteira do Waterpolo Pontevedra nos campionatos de España
Por Redacción |