![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/555/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5d00e5b404-d82p1gsxuaap6ye.jpg)
© Deputación de Pontevedra
A base do waterpolo galego mídese no Centro Galego de Tecnificación Deportiva
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra será escenario o vindeiro sábado 15 de xuño dunha xornada de festa para a base do waterpolo galego.
A instalación pontevedresa acollerá os campionatos galegos benxamín e infantil mixtos de verán, nos que está prevista a participación de ao redor dun cento de deportistas.
Na competición benxamín, o título decidirase nunha final directa entre o club local, CW Pontevedra, e o CW Santiago, ás 10:30 horas.
No que respecta ao torneo infantil, disputarano 6 equipos de 4 clubs, xogando unha fase previa de liguiña e unha fase final por postos. Os equipos participantes son: CW Pontevedra A e B, Asociación Coruñesa de Waterpolo, CW Santiago A e B e o CN Coruña.
Os partidos comezarán ás 11:00 horas e a final está prevista para as 18:30 horas.
Ambos os dous campionatos foron presentados polo presidente do Waterpolo Pontevedra, José Tellería, a deputada provincial de Deportes, Chelo Besada, e o director do CGTD, Jesús López.
Relacionadas:
-
O CW Pontevedra, bronce no Campionato de España Xuvenil
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Waterpolo Pontevedra organizará en Marín o Campionato de España Xuvenil de 2ª División
Por Redacción |
-
O equipo absoluto feminino do Waterpolo Pontevedra, campión da Copa Galega
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra alza a Copa Galega e consegue o seu segundo dobrete consecutivo
Por Redacción |