Gómez Noya queda ás portas do podio nas Series Mundiais de Yokohama
Por Redacción
Tan só dúas semanas despois de conseguir o ouro no Mundial de Pontevedra, Javi Gómez Noya viaxou a Xapón para enfrontarse á segunda proba correspondente ás Series Mundiais da modalidade. As rúas da cidade de Yokohama formaron, nesta ocasión, o traxecto da competición.
Tras a proba feminina, na que Katie Zaferes sumou a súa terceira vitoria consecutiva, foi a quenda do grupo masculino, con Mola, Alarza, Hernández e Serrat, ademais de Noya en el equipo nacional. Ao redor das 6:00 horas (españolas) deste sábado deron o pistoletazo de saída para comezar cos 1.500 metros de natación. O primeiro en saír da auga foi Henri Schoeman, mentres que o galego facíao noveno, seguido, a oito segundos, por Antonio Serrat. Javi Gómez recibiría neste primeiro tramo un golpe no beizo que lle ocasionaría problemas durante o percorrido restante.
Moi rapidamente, varios triatletas, con Noya na cabeza, formaron un grupo que pasou con 23 segundos de vantaxe por diante dos perseguidores da primeira volta. Neste punto, ocurriulle a Mola o mesmo que en Bermudas, perdendo moitas posibilidades na carreira.
Nos últimos 10 km a pé comezou a decidirse todo. Con Vicent Luis na primeira praza, seguido polo galego e catro triatletas máis, entre os que non se atopaba ningún outro español, loitaban polas medallas. Aos poucos, o grupo estaría formado por menos homes, que se irían quedando máis atrás. Nos últimos quilómetros, catro atletas, Schoeman, Luis, Noya e Bicsák, aguantaban nos primeiros postos. Con todo, na volta definitiva, o español quedou un pouco descolgado, o que supuxo que quedase ás portas do podio na cuarta posición, cun tempo de 01:43:38.
Por detrás do francés, chegaron Schoeman (01:43:24) e Bicsák (01:43:26).
Consulta as clasificacións da segunda proba das Series Mundiais de Tríatlon.
Relacionadas:
-
Mario Mola, prata nas Series Mundiais en Montreal e Gómez Noya queda fóra do podio
Por Sofía Lorenzo |
-
Pablo Dapena e Javi Gómez Noya apúntanse ao Europeo Ironman 70.3
Por Diego Espiño |
-
Javi Gómez Noya, bronce nas Series Mundiais de Leeds
Por Redacción |
-
Gómez Noya apúntase á carreira sprint das Series Mundiais en Montreal e soña co seu sexto título
Por Diego Espiño |
-
Yokohama, segunda parada do ano para Gómez Noya nas Series Mundiais
Por Redacción |
-
Pontevedra vibra nun multitudinario fin de festa do ITU: "Palabra que isto algún día se repetirá"
Por Redacción & Xan Xiadas |
-
Javi Gómez Noya: "Foi duro, pero competir na casa dá alas e puiden sufrir, loitar e dar o mellor de min mesmo"
Por Sofía Lorenzo & Xan Xiadas |
-
VÍDEO.- Pontevedra explota de xúbilo co ouro mundial de Gómez Noya e a prata de Pablo Dapena
Por Diego Espiño & Xan Xiadas |