Sen Churre nin Kevin para viaxar a Gran Canaria
Por Redacción
Dixerida a dolorosa derrota ante o Unión Adarve, o Pontevedra centra xa a súa mirada no próximo compromiso ligueiro, de novo a domicilio e sobre o temido céspede artificial (4 de 21 puntos esta tempada), que lle enfrontará o vindeiro domingo 5 de maio ao filial da UD Las Palmas.
O conxunto granate enfrontarase a un rival que pelexa pola permanencia, ao ocupar actualmente posto de play-out, e farao cunha importante baixa na liña defensiva.
Víctor Vázquez 'Churre' non poderá viaxar cos seus compañeiros a Canarias ao ter que afrontar un encontro de sanción. O central viu en Madrid a súa décima amoestación do curso.
Churre únese desta forma a Kevin Presa na lista de ausencias que obrigará de novo a variar o once inicial de Luismi. No caso do centrocampista, que sufriu unha rotura fibrilar a pasada semana, será a súa evolución o que marque a dispoñibilidade en próximas datas, aínda que se antolla case imposible que chegue a tempo para o duelo ante Las Palmas ao non querer arriscar unha recaída que poña punto e final á súa tempada.
No inicio da semana tampouco se exercitou co grupo Adrián León, no seu caso por molestias musculares que en todo caso espera non lle supoña problema para poder xogar a fin de semana. De feito a previsión é que, se evoluciona favorablemente, poida sumarse ao traballo co resto dos seus compañeiros tras a xornada de descanso habitual dos martes.
VISITA A UN COLEXIO EN RAXÓ
Coincidindo precisamente coa xornada de descanso, un grupo de futbolistas do primeiro plantel protagonizaron unha visita a un centro escolar da comarca, concretamente ao Centro de Ensino Infantil e Primario de Espedregada, en Raxó.
Alí Nacho López, Rubén Ualoloca, Adrián León e David Castro, acompañados dos técnicos Jesús Ramos e Miguel Arcos e do conselleiro Roberto Feáns, compartiron experiencias cos escolares e animáronlles a sumarse á práctica deportiva.
Relacionadas:
-
O Pontevedra viaxa a Canarias sen Adrián León a enfrontarse ás súas meigas
Por Diego Espiño |
-
A presenza de Adrián León ante o Las Palmas Atlético, "en el aire"
Por Diego Espiño |
-
Horario unificado para as dúas últimas xornadas de liga na Segunda B e Terceira División
Por Redacción |
-
O Pontevedra B cumpre os seus soños de ascenso despois de catro tempadas en Primeira Rexional
Por Sofía Lorenzo |
-
Un irrecoñecible Pontevedra cae da zona de play-off ao perder ante o Unión Adarve (3-0)
Por Diego Espiño |
-
Inoportuna lesión de Kevin Presa, baixa por unha rotura muscular
Por Diego Espiño |
-
A herba sintética, unha dificultade extra para o Pontevedra
Por Diego Espiño |