O Ribadumia sigue en perigo a falta de cinco partidos tras perder ante o Alondras (1-0)
Por Redacción
O Ribadumia, tras a vitoria da pasada semana no derbi ante o Céltiga CF, encaixou este xoves unha nova derrota en Cangas contra un dos equipos máis complicados da categoría, o Alondras Cf. Desta forma, os de Luís Carro continúan ancorados á zona de perigo a falta de cinco partidos para o final da tempada. Os visitantes, pola súa banda, logran avantaxar ao UD Ourense e colocarse cuartos.
Comezou bastante igualado o choque. A pesar de crear varias ocasións de gol durante os primeiros 45 minutos, diversos erros, no referente ao xogo defensivo, condenaron aos anfitrións á desvantaxe no marcador a falta de tres para o tempo de descanso cun gol de André.
Coa reanudación, volveu reinar o equilibrio no campo do Morrazo. Ante a opción tomada polos arousáns de non arriscar fronte a portería de Martín Pastoriza, e a falta de ocasións por parte dos locais, o partido chegou ao 90' co 1-0.