A melloría do Arxil trasládase ás estatísticas
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil atópase no mellor momento dunha tempada que iniciou con moitas dúbidas. Tres triunfos nas últimas catro xornadas da liga Feminina 2 déronlle aire na clasificación, con dúas vitorias de vantaxe sobre a zona de descenso, e o que é máis importante reforzaron o traballo dunhas xogadoras que semanas atrás elevaran a súa rendemento.
Esta melloría trasládase ás estatísticas das verdes, que agora empezan a asomar cada xornada entre as mellores da categoría nalgúns dos apartados medidos na competición.
Así, como exemplo, na vitoria da pasada fin de semana ante o Lima Horta no CGTD foron 4 as xogadoras por encima da decena de puntos, con Gala Mestres á cabeza (24 puntos) seguida por Mallou (16), Oursler (11) e Carla Fernández (10). Esas cifras supuxeron ser o segundo equipo máis valorado da xornada (96) só por detrás do Celta (100).
Ademais Gala Mestres logrou unha 35 valoración que só superou a MVP da fin de semana, Dekeiya Cohen do Aros León (37), mentres que Carla Fernández foi a xogadora que máis balóns recuperou con 5 e Arantxa Mallou e María Lago foron as segundas mellores asistentes (5).
Mestres consolidouse ademais entre as máximas anotadoras do Grupo A, sendo sexta no ranking cunha media de 15,05 puntos por partido.
Relacionadas:
-
Final pola permanencia para o Arxil no CGTD
Por Redacción |
-
O Arxil recupera a Cristina Díaz-Pache tras catro meses lesionada
Por Redacción |
-
Volve conseguilo o Arxil no CGTD ante un dos complicados, o Lima-Horta (73-62)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Milagros Sanmartín, única candidata á presidencia do Arxil
Por Redacción |
-
Un fantástico terceiro cuarto do Arxil condena ao Barça CBS na súa pista (69-78)
Por Sofía Lorenzo |