O Arxil recupera a Cristina Díaz-Pache tras catro meses lesionada
Por Redacción
Boas noticias para o Club Baloncesto Arxil, que máis de catro meses despois recupera para a causa a Cristina Díaz-Pache.
A xogadora do equipo pontevedrés lesionouse nun adestramento o día 25 de outubro, ao recibir un golpe co balón que lle produciu unha rotura no escafoides da man.
Díaz-Pache, que ata ese momento era peza importante na rotación de Mayte Méndez, traballa desde entón para recuperarse, e esta semana recibiu a alta médica xusto nun momento clave da tempada.
Coa súa volta o Arxil poderá contar con todo o persoal dispoñible para a importante cita deste sábado (20:00 horas) en Avilés, onde visitará a un rival directo na loita pola permanencia.
Un triunfo das verdes, que teñen un balance de 7-13, afastaría a 3 partidos a zona de descenso que marca precisamente o seu próximo rival, o ADBA (5-15).
ACTOS POLO 8M
Con motivo do Día Internacional da Muller, o Arxil comunicou que realizará un paro simbólico de 15 minutos antes do adestramento do primeiro equipo previsto para última hora da tarde. Ademais os equipos do club en todas as categorías lucirán esta xornada un lazo morado.