O Tenis de Mesa Monte Porreiro refórzase para a segunda volta da liga
Por Redacción
A permanencia na máxima categoría, a Superdivisión, é o principal obxectivo do Tenis de Mesa Monte Porreiro, que pretende reforzar as súas opcións apuntalando ao seu conxunto masculino ante a baixa máis longa do previsto do seu xogador Horacio Cifuentes por lesión.
O home elixido para substituír ao arxentino chega tamén desde o estranxeiro, e trátase de Tsai Chun Yu, xogador de 21 anos procedente de Taipei.
Ademais os pontevedreses van incorporar á promesa arxentina Martín Bentancor, de 18 anos, para completar o plantel.
"Esperamos que nos dean un salto importante de calidade", sinalan desde o Monte Porreiro.
Tras o parón de Nadal, a segunda volta de competición na Superdivisión comezará para os pupilos de Nando Álvarez o vindeiro domingo 13 de xaneiro a domicilio ante o San Sebastián de los Reyes.
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro mantense fóra dos postos de descenso a pesar da súa derrota ante o Vilagarcía
Por Almu Dapena |
-
O debut de Tsai Chun Yu non evita unha nova derrota do Tenis de Mesa Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro marcha de vacacións en postos de perigo tras perder en Sevilla (4-0)
Por Sofía Lorenzo |
-
Duro castigo para o TM Monte Porreiro, que cae a postos de descenso
Por Redacción |
-
Atracan e lesionan en Chile a Horacio Cifuentes, xogador do TM Monte Porreiro
Por Diego Espiño |