O Tenis de Mesa Monte Porreiro marcha de vacacións en postos de perigo tras perder en Sevilla (4-0)
Por Sofía Lorenzo
A ausencia, unha xornada máis, do arxentino Nicolás Galvano e de Horacio Cifuentes condenou ao Visit Pontevedra a outra derrota, nesta ocasión, ante o Cajasol Hispalis, que se mostrou superior durante todos os minutos de xogo defendendo a súa cuarta posición na táboa. Así, os de Monte Porreiro comezan as vacacións na zona de perigo con tan só 4 puntos e ningunha vitoria.
A pesar da inferioridade, os pontevedreses non baixaron os brazos. Cristofer Santiago foi o primeiro en xogar no Polígono Navisa ante Marcos Sanmartín, que dominou os tres choques con 11-7, 11-3 e 11-5. Desta forma, os sevillanos xa gañaban un punto de vantaxe no marcador.
A continuación, Nacho Fernández mediuse a Vladislav Chimbartsev nun duelo moito máis igualado que o anterior. O pontevedrés case supera ao local no primeiro tempo e xa non conseguiu recortar distancias no segundo (15-13, 11-7 e 11-9).
A seguinte quenda foi para Pedro Fernández. Este non logrou ser mellor que Antonio Chaves, que xa sentenciou o terceiro choque no primeiro enfrontamento, facendo o 3-0.
Finalmente, Nacho Fernández volveu agarrar a súa pa para tratar de gañar un punto ante Marcos Sanmartín. Con todo, o do cadro sevillano non cedeu ante o seu rival e anotou o definitivo 4-0 que condenou aos do Visit Pontevedra á súa sétima derrota da tempada.
Relacionadas:
-
O Visit Pontevera di adeus aos postos de descenso tras a vitoria ante o Cambados (4-1)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O debut de Tsai Chun Yu non evita unha nova derrota do Tenis de Mesa Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro refórzase para a segunda volta da liga
Por Redacción |
-
Duro castigo para o TM Monte Porreiro, que cae a postos de descenso
Por Redacción |