Duro castigo para o TM Monte Porreiro, que cae a postos de descenso
Por Redacción
Segue sen estrear o seu marcador de triunfos o Tenis de Mesa Monte Porreiro, que cae a postos de descenso na Superdivisión masculina tras sufrir un duro correctivo na décima xornada.
Os pontevedreses cederon na casa ante o segundo clasificado, o Grupo Vall, e fixérono de maneira contundente (0-4).
Sen ningún dos seus dous xogadores arxentinos dispoñibles, nin Nacho Fernández en dous encontros nin Pedro Fernández e Cristofer Santiago lograron facer fronte ao potencial do rival que tiña enfronte, cedendo os seus duelos por 3 mangas a 0.
A derrota fai que o Monte Porreiro caia á undécima posición con 4 puntos, os mesmos que o equipo que lle precede, o Cambados.
Antes do nadal, os pupilos de Nando Álavarez aínda afrontarán unha xornada máis o próximo día 22 de decembro, a última da primeira volta da competición, visitando o Hispalis andaluz.
Relacionadas:
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro refórzase para a segunda volta da liga
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro marcha de vacacións en postos de perigo tras perder en Sevilla (4-0)
Por Sofía Lorenzo |
-
Atracan e lesionan en Chile a Horacio Cifuentes, xogador do TM Monte Porreiro
Por Diego Espiño |
-
As baixas impiden ao Tenis de Mesa Monte Porreiro plantar cara o Arteal en Santiago (4-1)
Por Redacción |