Ao redor de 1.300 deportistas participan na XXI edición do Cidade de Pontevedra de taekwondo
Por Redacción & Diego Torrado
O pavillón da Cidade Infantil do Príncipe Felipe encheu de vida durante toda a fin de semana con motivo do Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de taekwondo, que este ano cumpriu o seu XXI aniversario. Cos anos, esta competición converteuse nunha das máis importantes no calendario da cidade.
Nesta ocasión, ao redor de 1.300 deportistas, procedentes de diferentes zonas do mundo, formaron parte do evento organizado polo Mace Sport. Ademais, esta edición tivo como novidade a participación por vez primeira dun equipo chegado desde Costa Rica.
Para o desenvolvemento das probas foron acondicionadas 12 pistas, que facilitaron a simultaneidade dos duelos ao longo dos dous días de competición.
Durante a primeira xornada, celebrada este sábado 3, disputáronse os choques correspondentes ás categorías júnior e infantil (entre as 9:00 e as 14:00 horas) e, posteriormente, os de alevín e cadete (entre as 14:00 e 20:00 horas). O pavillón encheuse de pequenos taekwondistas dispostos a mostrar ao público todo o aprendido.
Pola súa banda, o domingo, foi a quenda dos enfrontamentos de categorías absoluta e máster. Estes comezaron ás 9:00 e alongáronse ata as 14:00 horas. Finalmente, entre as 16:00 e as 18:00 desenvolvéronse diferentes exhibicións dos participantes.
Relacionadas:
-
O Europeo cadete de taekwondo, obxectivo do pontevedrés Eduardo Rejo
Por Redacción |
-
Sara Cortegoso presume de bronce no Europeo Sub-21 de taekwondo
Por Redacción |
-
O taekwondo pontevedrés pon a súa atención no Europeo Sub-21
Por Redacción |
-
Príncipe Felipe, escenario do XXI Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de Taekwondo
Por Redacción |