Príncipe Felipe, escenario do XXI Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de Taekwondo
Por Redacción
O Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de Taekwondo volverá na súa XXI edición ao pavillón da Cidade Infantil de Príncipe Felipe.
A competición organizada polo Mace Sport pontevedrés, todo un clásico do calendario autonómico e nacional, congregará máis de 1.300 deportistas entre as diferentes categorías e clubs de diferentes puntos, entre os que se atopa por primeira vez un equipo de Costa Rica.
A actividade dará comezo o sábado 3 de novembro con ata 12 pistas instaladas en Príncipe Felipe para acoller o torneo de combate nas categorías Júnior e Infantil (9:00 a 14:00 horas) e Alevín e Cadete (14:00 a 20:00 horas).
Pola súa banda o domingo 4 de novembro disputaranse as categorías de combate Absoluta e Máster (9:00 a 14:00), Técnica (9:30 a 14:00) e realizaranse diversas exhibicións (16:00 a 18:00 horas).
O Concello de Pontevedra acolleu este mércores a presentación oficial do torneo.