Sara Cortegoso presume de bronce no Europeo Sub-21 de taekwondo
Por Redacción
Gran resultado para o taekwondo pontevedrés no Campionato de Europa Sub-21 de Taekwondo que se celebrou durante a fin de semana en Varsovia, Polonia.
Sara Cortegoso logrou unha meritoria medalla de bronce na súa categoría, -49 quilos, sendo unha das dúas medallistas galegas xunto a Tania Castiñeira ( Hebe, +73 quilogramos), que foi prata.
A deportista do Mace Sport protagonizou un sobresaliente torneo, deixando na cuneta en primeira rolda á turca Hilal Kaya (12-0) con autoridade, e avanzando no seu segundo combate con máis dificultades ante a chipriota Athina Evangelou (10-9). Así chegou aos cuartos de final, onde esperaba a checa Dominika Hronova, á que venceu nun apertado enfrontamento para asegurar o bronce.
Xa en semifinais, Sara foi a por todas ante a rusa Alena Mironyuk. Foi por diante desde o inicio, pero trabucouse nos xiros e o seu opoñente aproveitou para darlle a volta ao marcador e conseguir a vitoria, o que non embaza en absoluto o bo papel da taekwondista pontevedresa.
Peor lle foron as cousas en Polonia á marinense Arlet Ortiz (Mat's) na categoría de -53 quilos, onde gañou os seus dous primeiros combates pero cedeu no terceiro, ante Inese Tarvida, que ao final levou o título europeo.
Relacionadas:
-
Arlet Ortiz e Iván García proclámanse campións de Europa de taekwondo
Por Redacción |
-
Eduardo Rejo consegue a medalla de bronce no Europeo cadete de taekwondo
Por Redacción |
-
O pontevedrés Salvador González proclámase campión europeo máster de taekwondo
Por Redacción |
-
O Europeo cadete de taekwondo, obxectivo do pontevedrés Eduardo Rejo
Por Redacción |
-
O taekwondo pontevedrés pon a súa atención no Europeo Sub-21
Por Redacción |
-
Ao redor de 1.300 deportistas participan na XXI edición do Cidade de Pontevedra de taekwondo
Por Redacción & Diego Torrado |