O Pontevedra, a seguir crecendo en Guijuelo
Por Diego Espiño
Son xa cinco xornadas as que acumula o Pontevedra sen caer en liga, pero quere máis.
O conxunto granate visita este domingo (17:00 horas) o Guijuelo, rival co está empatado na sexta posición da táboa e que aínda non perdeu como local esta tempada (4 vitorias e un empate).
"Es un equipo incómodo", asegura Luismi sobre o cadro salmantino, do que destaca a súa calidade para tentar "jugar el balón y dominar" a pesar de que o seu campo, de herba sintética dunha xeración xa pasada, "no ayuda".
O preparador pontevedrés estivo toda a semana dándolle voltas ao once e pendente dos xogadores que arrastraban molestias e que eran dúbida para entrar na convocatoria, estando só descartados previamente os lesionados Álex Fernández, Churre e Romay. A esta lista uniuse finalmente Nacho López, que non se recuperou das súas molestias, polo que entrou na lista o canteirán Josiño xunto ao resto de futbolistas do primeiro equipo: Edu, Ualoloca, Nacho Lorenzo, Adrián León, Pibe, Jesús Barbeito, Kevin, Mouriño, Juan Barbeito, Berrocal, Javi López, Álex González, David Castro, Campillo, Pedro Vázquez, Javi Pazos y Arruabarrena.
A cita chega, iso si, no mellor momento do equipo, que esqueceu de penurias de campañas pasadas cando xogaba lonxe do seu estadio, xa que buscará en Guijuelo o seu terceiro triunfo consecutivo a domicilio. "Pretendemos ser un equipo sólido fuera de casa, que no concede ocasiones", explicou en rolda de prensa Luismi.
En canto ao seu opoñente, o Guijuelo chega ao encontro nunha boa situación en liga, sétimo con 16 puntos, pero despois de tres xornadas sen gañar, con derrotas ante Sanse e Rápido de Bouzas a domicilio e empate ante o Coruxo no seu estadio.
O colexiado do encontro será o madrileño Pedro Eugenio Muñoz Piedra.
Relacionadas:
-
Duro e esaxerado castigo do Guijuelo a un Pontevedra gris e sen perigo (3-0)
Por Redacción |
-
Derrota do Pontevedra ante o Compostela no Memorial Antonio Bermúdez
Por Redacción |
-
Descartada unha lesión de consideración de Kevin Presa, pero é dúbida para Guijuelo
Por Diego Espiño |
-
Luismi perde durante varias semanas a un dos seus fixos, Churre
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Plácida vitoria do Pontevedra ante un inocente Salamanca CF (2-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |