Lucía González e Felipe Orts vencen no Ciclocross Internacional de Xaxán
Por Redacción
A primeira edición de Ciclocrós Internacional de Xaxán que se inclúe na Copa Galicia de Ciclocrós foi todo un éxito grazas ao elevado número de participantes.
A pesar da choiva, numerosos afeccionados achegáronse ata Chan de Xaxán en Marín para seguir as competicións, que ofreceron un nivel espectacular debido ás dificultades que ofrecía o percorrido.
A proba de elite- sub23, de maior categoría, saldouse coa vitoria do corredor que xa levaba a bitola de favorito, Felipe Orts, cun tempo dunha hora e un minuto. Lucía González converteuse na gañadora da proba feminina cunha marca de 40:42. Miguel Rodríguez e Laura Capa foron os vencedores da competición cadete.
Relacionadas:
-
Campañó abre un mes de puro ciclocrós en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Irene Trabazo reforza en Ferrolterra o seu liderado na Copa Galicia de ciclocrós
Por Redacción |
-
Positivo inicio do Club Ciclista Marín na Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción |
-
O ciclocrós vólvese internacional en Marín
Por Redacción |