Positivo inicio do Club Ciclista Marín na Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción
As localidades vascas de Llodio e Elorrio deron o pistoletazo de saída a pasada fin de semana á Copa de España de Ciclocrós, cun notable papel do Club Ciclista Marín.
O conxunto marinense, que acudía á dobre cita coa tripla representación de Irene Trabazo ( sub-23), Zoe del Río (cadete) e Laura Capa (cadete), e logrou sumar ata catro postos de podio.
Trabazo debutou en Llodio coa undécima posición absoluta, cuarta sub-23, nunha carreira de categoría C-1 e marcada polo barro e pola importante participación estranxeira. Pero mellor foi o seu papel un día despois, cando en Elorrio alcanzou un meritorio sétimo posto absoluto e o segundo na categoría sub-23, sendo a mellor ciclista española.
Non foi a única medalla para o Club Ciclista Marín, xa que na categoría cadete feminina Laura Capa conseguiu un brillante segundo posto en Llodio e un bronce en Elorrio, mentres que Zoe del Río foi terceiro en Llodio na proba masculina cadete, completando a fin de semana cun cuarto posto en Elorrio.
A próxima cita da Copa de España terá lugar o día 11 de novembro en Karrantza, tamén no País Vasco, mentres que a última cita será o XXIII Ciclocrós Internacional Cidade de Valencia.
Relacionadas:
-
A Copa Galicia de ciclocrós chega ao seu final con vitoria da marinense Laura Capa en cadetes
Por Redacción |
-
Irene Trabazo reforza en Ferrolterra o seu liderado na Copa Galicia de ciclocrós
Por Redacción |
-
Lucía González e Felipe Orts vencen no Ciclocross Internacional de Xaxán
Por Redacción |
-
Irene Trabazo e Iván Feijóo estrean a tempada galega de ciclocrós vencendo en Poio
Por Redacción & Diego Torrado |