O Pontevedra xogará un amigable ante o Compostela o 31 de outubro
Por Diego Espiño
O triunfo ante o Fuenlabrada en liga elevou a moral do Pontevedra Club de Fútbol, que pensa xa na visita do líder, a Ponferradina, ao Estadio Municipal de Pasarón.
Os granates volveron este mércores aos adestramentos tras a habitual xornada de descanso dos martes e fixérono con bo ambiente pero con varios futbolistas a menor ritmo que os seus compañeiros.
Cara a eles virouse gran parte da atención, aínda que Luismi confía en que todos eles estean dispoñibles para o domingo. Trátase de Kevin Presa, que continúa recuperándose dos problemas de xeonllo que lle fixeron perderse o último encontro, Adrián Léon, cunha leve sobrecarga muscular, e Churre, cun golpe.
A intención do técnico é manter o ritmo competitivo en todo o plantel, e buscando minutos para os xogadores que están a ser menos habituais o club granate aceptou a invitación do Compostela para participar no III Memorial Antonio Bermúdez.
O encontro amigable disputarase o mércores día 31 de outubro no Estadio Municipal de San Lázaro, en Santiago de Compostela, ás 20:00 horas, fixándose un prezo de 5 euros de entrada para o público.
"Nos valdrá de entrenamiento", confirmou Luismi, coa "intención de que sea para la gente que lleva menos minutos", explicou.
Relacionadas:
-
Burgos marca o obxectivo do Pontevedra de continuar a escalada
Por Ramiro Espiño |
-
Álex Fernández rompe e estará entre tres e catro meses de baixa por unha lesión muscular
Por Ramiro Espiño |
-
Pontevedra e Ponferradina ofrecen un partido grande aínda que con escasas oportunidades de gol (0-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O líder pon a proba a reacción do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Os goles de Arruabarrena dan unha vitoria de prestixio a un sólido Pontevedra en Fuenlabrada (0-2)
Por Redacción |