Positiva estrea de tempada para o Bádminton Ravachol
Por Redacción
O Club Bádminton Ravachol Pontevedra iniciou o curso coa súa primeira competición oficial da tempada, dentro do Circuíto Galego Absoluto e sub-11.
Ata Vigo desprazáronse cinco deportistas do club pontevedrés, deixando un balance positivo nas súas actuacións.
Destacou a medalla de ouro en categoría absoluta conseguida por Raquel Miguens e Jesús Pereiro e a prata da propia Miguens na modalidade individual.
Ademais competiron Álex Ramos, María Torres, Javier Rey e o sub-11 Pablo Alborés.
A próxima cita para o Ravachol Pontevedra será o sábado 22 na Coruña, coa disputa do circuíto galego sub-15 e sub-19.