Adrián Sieiro, Teresa Portela e Tono Campos, cuartos na última xornada do Europeo de Belgrado
Por Redacción
A punto estivo Adrián Sieiro de volver subir ao podio do campionato de Europa de piragüismo que se disputou en Belgrado (Serbia). Tras colgar un bronce o sábado, o padeeiro de Poio quedou a tan só 142 milésimas dun novo metal.
Foi na final da proba de C1 200 metros. Os adversarios de Sieiro non lle deron opción de subirse ao caixón do podio, pero loitou por iso. Desde o inicio da final, os deportistas de Xeorxia, Rusia e Bielorrusia encabezaron a proba.
A pesar de que nunca se rendeu, o pontevedrés cruzou a liña de meta en cuarta posición, cun tempo de 00:39.610. O ouro foi para o xeorxiano Zaza Nadiradze.
Cuarta praza foi a que logrou tamén Teresa Portela na final de K1 200 metros, á que chegou de forma directa tras as eliminatorias do sábado.
Tras unha boa saída, na metade da proba Portela estaba colocada nos primeiros postos loitando coas súas rivais. Foi no tramo final onde se lle escapou a posibilidade de subir ao podio e entrou cuarta cun tempo de 00:40.237 a só 38 milésimas do bronce. O triunfo foi para a polaca Marta Walczykiewicz.
Tono Campos imitaba a actuación dos seus compañeiros e, na final de C1 500 metros, tamén foi cuarto. O padeeiro do Grove quedou a seis segundos da medalla de bronce do padeeiro italiano Carlo Tachinni. O alemán Sebastian Brendel foi o vencedor
Á final chegaba tamén este domingo a pontevedresa Antía Jácome (EP Cidade de Pontevedra) coa súa presenza no C2 500 metros xunto á valisoletana Patricia Coco. A parella cruzaba a liña de chegada en novena posición.
A mocidade de Jácome é un valor para ter en conta para o futuro desta modalidade, que debutará nos JJOO de Tokio 2020. Aos seus 19 anos sumou os seus dúas primeiras finais, xa que esta mesma parella competiu na final de C2 200 metros, na que conseguiron a sexta posición.
Relacionadas:
-
Bo traballo dos padexeiros pontevedreses na Copa do Mundo Sprint de piragüismo en Duisburg
Por Redacción |
-
Os piragüistas pontevedreses, a polo Europeo junior e sub23 de Italia
Por Redacción |
-
Adrián Sieiro vese "bien encaminado" cara aos Xogos Olímpicos de 2020
Por Diego Espiño |
-
Adrián Sieiro e Sergio Vallejo colgan o bronce no Europeo de Belgrado
Por Redacción |
-
Pase directo á final europea para Adrián Sieiro e Sergio Vallejo
Por Diego Espiño |
-
Ampla representación pontevedresa no Europeo de piragüismo en Belgrado
Por Redacción |