Adrián Sieiro e Sergio Vallejo colgan o bronce no Europeo de Belgrado
Por Redacción
A primeira medalla para a representación pontevedresa no campionato de Europa de piragüismo que se está disputando en Belgrado (Serbia) chegou da man da parella formada por Adrián Sieiro e Sergio Vallejo.
Os padeeiros de Poio colgaron a medalla de bronce na final da proba de C2 1.000 metros. Pararon o crono nun tempo de 03:27.414.
Ambos realizaron unha magnífica regata desde o inicio, situándose na cabeza de carreira xunto a alemáns e romaneses. Nos últimos metros foron quen de aguantar o empuxe dos seus rivais mantendo a terceira posición por detrás de Alemaña (03:25.041) e Romanía (03:25.481).
A actuación de Sieiro continúa esta tarde coa participación nas series de C1 200 metros.
A segunda medalla da mañá foi para o K4 1.000 metros no que competía o tudense Rubén Millán xunto a Pelayo Roza, Javier Hernánz e Aitor Gorrotxa. Tamén foron bronce, superados tan só pola piragua de Bielorrusia e Eslovaquia.
Roi Rodríguez, padeeiro de Tui, conseguiu un meritorio cuarto posto na final do K1 1.000 metros, resultado que lle garante a súa presenza no campionato do mundo que se vai celebrar en agosto en Portugal.
A participación galega pechábaa Natalia García (Breogán do Grove) coa súa presenza na final de K2 1.000 metros formando parella con Laia Pelachs.
A piragua española chegaba ao final da carreira en quinta posición, nunha proba que gañaron as deportistas de Polonia Justyna Iskrzycka e Paulina Paszek.
Relacionadas:
-
Oitavo posto mundialista para Adrián Sieiro e Sergio Vallejo
Por Redacción |
-
Os piragüistas pontevedreses, a polo Europeo junior e sub23 de Italia
Por Redacción |
-
Adrián Sieiro vese "bien encaminado" cara aos Xogos Olímpicos de 2020
Por Diego Espiño |
-
Adrián Sieiro, Teresa Portela e Tono Campos, cuartos na última xornada do Europeo de Belgrado
Por Redacción |
-
Pase directo á final europea para Adrián Sieiro e Sergio Vallejo
Por Diego Espiño |
-
Ampla representación pontevedresa no Europeo de piragüismo en Belgrado
Por Redacción |