Campionato de España de Dúatlon, a ilusión de competir na casa
Por Redacción
Repetir o bo papel de 2012 é o obxectivo dos deportistas galegos inscritos no Campionato de España de Dúatlon que se celebra este fin de semana en Pontevedra. En Águilas, Murcia, Galicia logrou colgarse catro medallas individuais e seis por equipos, agora ademais estará en xogo a clasificación para o Mundial da especialidade nos Grupos de idade, categoría con maior representación local.
Un total de 48 duatletas galegos tomarán a saída nas diferentes categorías, dende os Grupos de idade pasando por Cadete, Júnior e Elite. Entre eles estarán os bolseiros de Centro Galego de Tecnificación Deportiva Gustavo Rodríguez, Aida Valiño, Estefanía Domínguez, Antonio Serrat, Damián Martínez, Ignacio Castro, Diana Cotón e Carmen Gómez.
Por clubs, están convidados deportistas do Tríatlon Motobike Pontevedra, Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial, Arcade Inforhouse Santiago, Tríatlon Ferrol e Ciclismo Tríatlon Monteabaixo de Poio.
Os equipos galegos mostráronse especialmente satisfeitos de que a proba se celebre en Pontevedra ao reducirse ao mínimo os gastos de desprazamento que habitualmente deben asumir.
Relacionadas:
-
Pontevedra recolle en Ottawa o 'testigo' do Mundial de Dúatlon 2014
Por Diego Espiño |
-
Bo papel dos deportistas galegos na primeira xornada do Campionato de España de Dúatlon
Por Diego Espiño |
-
300 voluntarios colaborarán coa organización do Campionato de Dúatlon
Por Redacción |
-
Todo listo para o Campionato de España de Dúatlon: "en Pontevedra estarán os mellores duatletas españois"
Por Diego Espiño |