Moito ruído e poucas noces, sen cambios polo menos ata o 30 de xuño
Por Diego Espiño
A expectación era grande. Despois de semanas de incertudumbre sobre o futuro do Pontevedra e a persoa que podería tomar as rendas da entidade, as cousas quedaron como estaban despois dunha Xunta de Accionistas que non foi tan fera como pintaba.
Tras aprobar as contas da tempada 2011-2012, o presuposto da actual e a ampliación de capital, con algunha queixa por parte dos asistentes, chegou o momento máis esperado da noite, o apartado de rogos e preguntas, onde Jorge Pedrosa adiantara a súa intención de presentar un proxecto para optar a dirixir o club. O ex tesoureiro non obstante non deu un paso firme nesa dirección, limitándose a formular esa posibilidade en caso de que o Pontevedra estivese en risco de desaparición, "si el Pontevedra se quedase sin presidente yo cogería las riendas. Me gustaría que la candidatura de Lupe fuese adelante pero quiero dejar claro que estoy aquí para sumar, no para restar".
Sorprendentemente, a posible candidatura de Pedrosa foi acollida polo actual dirixente, Mauricio Rodríguez, con palabras de ánimo, "en el Consejo hay un sentir de que estaría bien recibida la propuesta. Si depende de mí no le doy un voto, le doy dos". Rodríguez non obstante especificou que Pedrosa tería que entrar no Consello, sendo necesario para iso o apoio da maioría accionarial.
Jorge Pedrosa: "sería un suicidio ponerse al frente sin el apoyo del 51% de los accionistas, no se puede hacer nada hasta conocer la nueva composición"
Este extremo é o principal argumento esgrimido por Pedrosa para non dar un paso máis firme "sería un suicidio ponerse al frente sin el apoyo del 51% de los accionistas, no se puede hacer nada hasta conocer la nueva composición tras la ampliación".
LÍMITE DE 200.000 EUROS NA AMPLICACIÿN DE CAPITAL
Foi o punto máis quente da noite. Parte dos asistentes criticaron insistentemente o límite de 200.000 euros imposto á ampliación de capital, por entender que era unha solución a curto prazo e que impedía a entrada dun posible investidor.
A discusión máis elevada produciuse entre o ex-adestrador Alberto Argibay e Mauricio Rodríguez, tendo que ser o vicepresidente da entidade, José Manuel Fernández, o encargado de explicar que o límite se acordou entre os membros do Consello, "es un acuerdo con el máximo accionista, no podíamos venir aquí sabiendo que lo teníamos en contra. Nuestra propuesta inicial era de 700.000 euros".
DÿBEDA ACTUAL DO CLUB
A pregunta de novo de Alberto Argibay, o presidente do Pontevedra enumerou as cantidades adebedadas tras o proceso concursal, que se cifran en aproximadamente 250.000 euros á Seguridade Social, 400.000 a Facenda e outros 700.000 procedentes da quita, unha cantidade que suma 1.350.000 euros pero que Mauricio Rodríguez rebaixa ata os 700.000, "hay empresas que no existen y gente que incluso no va a reclamar".
Segundo os datos facilitados na Xunta, os mesmos que adiantou PontevedraViva o pasado 3 de abril, o Pontevedra pechou a pasada tempada cun déficit de 188.838,26 euros, a pesar de ingresar máis de medio millón de euros polo traspaso de Fran Rico e que segundo o dirixente granate se destinaron a partidas como reclamacións por despedimentos, pagamentos pendentes ao representante do xogador ou mesmo a saldar a débeda AFE de Víctor Ormazábal.
Por outro lado o presuposto da actual tempada quedou fixado en 604.948,27 euros, cunha previsión de superávit de 17.399,14 euros.
Ao termo da Xunta Mauricio Rodríguez reiterou a súa intención de continuar no cargo só ata final de tempada, "después del 30 de junio no quiero seguir en el Pontevedra, aunque estaré para ayudar en lo posible".