Jordi Ribera dá a lista de España para o Memorial Domingo Bárcenas que se xogará en Pontevedra
Por Redacción
O seleccionador nacional de balonmán, Jordi Ribera, deu a coñecer este xoves a convocatoria de España para o XLIII Torneo Internacional Memorial Domingo Bárcenas que se disputará en Pontevedra e Vigo entre o 5 e o 7 de xaneiro.
Ribera elaborou unha lista con 19 xogadores que se concentrarán durante cinco días en Zaragoza, dos cales dous deles non viaxarán xa ás Rías Baixas para enfrontarse aos combinados nacionais de Bielorrusia, Arxentina e Polonia.
Entre os convocados atópase o gardameta cangués Rodrigo Corrales, actualmente no PSG francés, e tamén dous ex-teucristas como Viran Morros e Gedeón Guardiola, aínda que a principal novidade é o pivote Antonio Bazán (Anaitasuna).
Os xogadores que participarán na concentración e o Memorial Domingo Bárcenas son:
- Portería: Gonzalo Pérez de Vargas (Fútbol Club Barcelona Lassa), Rodrigo Corrales (PSG Handball), Sergey Hernández (Helvetia Anaitasuna).
- Central: Raúl Entrerríos (Fútbol Club Barcelona Lassa), Daniel Sarmiento (Saint Raphael).
- Lateral Dereito: Eduardo Gurbindo (HBC Nantes), Alex Dujshebaev (PGE Vive Kielce).
- Lateral Esquerdo: Joan Cañellas (HC Vardar), Viran Morros (Fútbol Club Barcelona Lassa), Iosu Goñi (Pais d'Aix Université), Daniel Dujshebaev (RK Celje Pivovarna Lasko).
- Extremo Dereito: Ferrán Solé (Fenix Toulouse Handball), David Balaguer (HBC Nantes).
- Extremo Esquerdo: Ángel Fernández (Ciudad de Logroño), Valero Rivera (Fútbol Club Barcelona Lassa).
- Pivote: Julen Aginagalde (KS Vive Tauron Kielce), Antonio Bazán (Helvetia Anaitasuna), Gedeón Guardiola (Rhein-Neckar Löwen), Adriá Figueras (Fraikin Granollers).
Relacionadas:
-
Pontevedra, cuartel xeral dos Hispanos no seu camiño a Tokyo
Por Diego Espiño |
-
Os 'Hispanos' xa se deixan ver por Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Accidentada primeira xornada no Campionato de España de Seleccións Territoriais
Por Redacción |
-
Un mes de xaneiro para amantes do balonmán
Por Diego Espiño |
-
Á venda as entradas e abonos para o Memorial Domingo Bárcenas de balonmán
Por Redacción |
-
Arxentina e Bielorrusia completan o cartel do Memorial Domingo Bárcenas que se xogará en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
España e Polonia, primeiras seleccións confirmadas para o Memorial Domingo Bárcenas de balonmán en Pontevedra
Por Diego Espiño |