O Mapfre toma o mando desde o inicio na Volvo Ocean Race
Por Redacción
Durante as etapas previas, incluída a prólogo, o Mapfre colocouse á vista de todos como un dos máximos favoritos na Volvo Ocean Race, e na primeira das probas puntuables confirmou as súas boas sensacións.
O desafío español da Volta ao Mundo a Vela, cuxo barco ten a súa base no Real Club Náutico de Sanxenxo e conta entre a súa tripulación coa pontevedresa Támara Echegoyen, impúxose este sábado na regata costeira celebrada en Alacante, primeira cita oficial competición.
Desta forma o Mapfre suma 7 puntos, seguido polo Dongfeng Race Team e o Vestas.
A tripulación española sacou rédito a unha decisión arriscada, ao ser o único barco que optou por saír pola parte dereita, mentres o resto de embarcacións optaban polo costado esquerdo, unha decisión valente que lles deu resultado xa que na primeira porta do percorrido contaban xa con 24 segundos de renda sobre o seu inmediato perseguidor. Desde ese momento o Mapfre dispúxose a conservar con éxito a súa vantaxe para sumar o seu primeiro triunfo parcial.
Toda a tripulación, co presidente do Náutico de Sanxenxo e máximo responsable do proxecto Pedro Campos presente, gozou do éxito no porto de Alacante, aínda que conscientes que "non hai que confiarse que esta regata é larguísima e o importante é o oceánico", sinalou o proa Ñeti Cuervas-Mons.
Tras a competición costeira, a frota da Volvo Ocean Race prepárase xa para a primeira etapa, que dará a súa saída o vindeiro domingo 22 de outubro cunha ruta que lles levará ata Lisboa.
Relacionadas:
-
O Mapfre reforza o seu liderado nas regatas costeiras da Volvo Ocean Race
Por Redacción |
-
Segundo posto para o Mapfre na primeira etapa da Volvo Ocean Race
Por Redacción |
-
O soño de participar na Volvo Ocean Race é xa unha realidade para Támara Echegoyen
Por Redacción |
-
O Mapfre, con Támara Echegoyen a bordo, mostra as súas credenciais na prólogo da Volvo Ocean Race
Por Redacción |
-
A Volta ao Mundo a Vela empeza en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Existosa estrea de Támara Echegoyen na vela oceánica a bordo do Mapfre
Por Redacción |