O Mapfre, con Támara Echegoyen a bordo, mostra as súas credenciais na prólogo da Volvo Ocean Race
Por Redacción
Primeiro foi a etapa 0, celebrada o pasado mes de agosto, e agora a prólogo. O desafío español da Volta ao Mundo a Vela, a Volvo Ocean Race, impúxose na regata confirmándose como un dos grandes favoritos para a competición que arrincará o vindeiro sábado 14 de outubro en Alacante.
De novo coa pontevedresa Támara Echegoyen a bordo nunha tripulación de nove regatistas, o Mapfre encabezou a regata desde a saída do domingo día 8 en Lisboa ata o final, nunha ruta que se viu recortada pola ausencia de vento e que concluíu no Cabo de Gata.
Foi a segunda vez que se mediron todas sete embarcacións que participarán na prestixiosa regata de vela oceánica, e aínda que non computará na clasificación final o resultado evidencia o bo momento no que chega o barco español, con base no Real Club Náutico de Sanxenxo.
O Mapfre chegaba a Cabo de Gata ás 11:49 horas deste mércores, con 17 minutos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o equipo holandés do Team Brunel.
Unha vez en Alacante o equipo do que forma parte Támara Echegoyen, primeira muller española en participar na Volvo Ocean Race, pensa xa na primeira proba puntuable da competición, a regata costeira en Alacante prevista para o día 14.
A seguinte etapa, con 700 millas náuticas de percorrido, unirá de novo Alacante e Lisboa en sentido inverso á prólogo, con saída o día 22 de outubro.
Relacionadas:
-
O Mapfre reforza o seu liderado nas regatas costeiras da Volvo Ocean Race
Por Redacción |
-
Segundo posto para o Mapfre na primeira etapa da Volvo Ocean Race
Por Redacción |
-
O soño de participar na Volvo Ocean Race é xa unha realidade para Támara Echegoyen
Por Redacción |
-
O Mapfre toma o mando desde o inicio na Volvo Ocean Race
Por Redacción |
-
A regata Rei Juan Carlos I enche de cor e deporte a ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Volta ao Mundo a Vela empeza en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen, primeira regatista española en participar na Volvo Ocean Race
Por Redacción |