Silvia Aguete regresa á Selección Española
Por Redacción
Despois dun tempo de ausencia, tras apartarse un ano da alta competición e logo volver ao Poio Pescamar, Silvia Aguete volverá vestir a camiseta da Selección Española.
O seu bo papel no equipo pontevedrés non pasou desapercibido para o adestrador do combinado nacional, que a incluíu na convocatoria para os dous amigables que España xogará proximamente ante Portugal.
Silvia estará concentrada co equipo nacional entre o 8 e o 12 de outubro para unha dobre cita que terá lugar na localidade lusa de Montargil.
DERBI ANTE O CIDADE DAS BURGAS
A boa noticia chegou co Poio Pescamar preparando a terceira xornada de liga, na que recibirán no pavillón da Seca (sábado, 19:00 horas) ao Cidade das Burgas, en partido televisado pola segunda canle da Televisión de Galicia.
A convocatoria de Marcio Santos para a cita compóñena a propia Silvia Aguete xunto a Mónica, Carol, Ale de Paz, Jenny, Yoli, Patri Corral, Ceci, Vane e Iria Saeta, que se enforntará por primeira vez ao seu ex-equipo.
Relacionadas:
-
Silvia Aguete consolídase na Selección Española
Por Redacción |
-
Poio Pescamar gaña con autoridade en Cádiz (3-7)
Por Redacción |
-
Longo desprazamento para un Poio Pescamar que busca o seu segundo triunfo na liga
Por Redacción |
-
Triunfo agónico do Poio Pescamar sobre Cidade das Burgas (5-2)
Por Ramiro Espiño |
-
Un tempo para cada equipo e repartición de puntos entre Penya Esplugues e Poio Pescamar (1-1)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar avanza á fase final da Copa Galicia tras vencer ao Leis
Por Redacción |