Un tempo para cada equipo e repartición de puntos entre Penya Esplugues e Poio Pescamar (1-1)
Por Redacción
Repartición de puntos entre Penya Esplugues e Poio Pescamar cun tempo dominado por cada equipo. Na primeira parte foron mellores as mozas de Marcio Santos, pero na segunda as catalás dominaron, aínda que o Poio defendeuse con acerto e sen grandes problemas, sumando o primeiro punto da tempada.
O partido comezou con dominio das pontevedresas que se adiantaban aos cinco minutos de xogo por mediación de Ceci á saída dun saque de banda, cun remate sen demasiado ángulo.
O equipo local non estaba cómodo, pero soubo aguantar neutralizando a vantaxe visitante pouco antes do descanso, cun tanto conseguido por Laura cun remate raso e cruzado.
Daría a volta o partido no segundo acto, con boa presión das locais na saída de balón do Poio, que era agora quen non se atopaba cómodo na pista e apenas lograba achegarse á portería rival con perigo, pero o seu bo labor defensivo permitiulle aguantar o empate para sumar o primeiro punto da tempada.
PENYA ESPLUGUES (1): Nerea; Sandra, Berta Velasco, Laura e Marta de los Riscos (quinteto inicial). Tamén xogaron, Pilar, Helena Roig, Arancha, Marta González, Celia e Julia.
POIO PESCAMAR (1): Silvia; Iria, Jenny, Ceci e Ale de Paz (quinteto inicial). Tamén xogaron, Carolina, Vanesa López, Patri Corral; Mónica González e Yolanda Martínez.
Árbitros: Candileja e Cabello (Cataluña). Amoestaron á locais Marta de los Riscos e Marta González e a Ceci no Poio Pescamar.
Goles: (0-1) Minuto 5: Ceci. (1-1) Minuto 19: Laura.
Incidencias: Pavillón de Les Moreres (Esplugues de Llobregat). Uns 150 espectadores.
Relacionadas:
-
Triunfo agónico do Poio Pescamar sobre Cidade das Burgas (5-2)
Por Ramiro Espiño |
-
Silvia Aguete regresa á Selección Española
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar avanza á fase final da Copa Galicia tras vencer ao Leis
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar fai sufrir ao vixente campión Atlético Navalcarnero (2-3)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar, preparado para o seu esixente debut ligueiro
Por Diego Espiño |
-
A Copa Galicia de fútbol sala avanza para Poio Pescamar, O Fisgón, Cidade de Pontevedra e Leis
Por Redacción |