Longo desprazamento para un Poio Pescamar que busca o seu segundo triunfo na liga
Por Redacción
Quere coller impulso na Primeira División do fútbol sala feminino nacional o Poio Pescamar, que este sábado (18:15 horas) buscará en Cádiz a súa segunda vitoria consecutiva.
O equipo vermello ten por diante un longo desprazamento por estrada para enfrontarse a un recentemente ascendido como o Cádiz FSF, que a pasada semana logrou remontar un 5-1 en contra para terminar levando un punto da pista do Soto del Real, estreando así puntuación.
O Poio, oitavo con 4 puntos, aspira a achegarse aos postos de honra da categoría, e para iso non debe fallar na pista dun equipo que recupera efectivos con respecto ás últimas xornadas e que promete batalla.
Marcio Santos conformou unha convocatoria na que se atopas: Silvia, Mónica, Ale de Paz, Carol, Vane Bugallo, Patri Corral, Iria Saeta, Ceci e Yoli.
CAROL, CONVOCADA COA SELECCIÓN NACIONAL SUB-17
Ademais de Silvia Aguete, que tras o encontro de Cádiz desprazarase directamente a Madrid para incorporarse á concentración da Selección Española absoluta, outra xogadora pontevedresa segue entrando nos plans dos equipos nacionais, nesta caso do sub-17.
Trátase de Carol Agulla, que foi convocada para unha convocatoria que se celebrará do 15 ao 19 de outubro. Nela, a Selección Sub-17 disputará un encontro amigable ante Portugal na localidade lusa de Nazaré.
Relacionadas:
-
Segue crecendo o Poio Pescamar que golea ao Móstoles (5-1) e asoma aos postos de cabeza
Por Redacción |
-
Poio Pescamar gaña con autoridade en Cádiz (3-7)
Por Redacción |
-
Triunfo agónico do Poio Pescamar sobre Cidade das Burgas (5-2)
Por Ramiro Espiño |
-
Silvia Aguete regresa á Selección Española
Por Redacción |