A Copa Galicia de fútbol sala avanza para Poio Pescamar, O Fisgón, Cidade de Pontevedra e Leis
Por Redacción
Co Poio Pescamar preparando xa o seu primeiro partido de liga na máxima categoría, o fútbol sala feminino comarcal aproveita a Copa Galicia para afinar a súa posta a punto.
As vermellas venceron 2-8 no seu primeiro encontro da competición ao Bembrive dentro do Grupo IV, no que tamén se atopa un Leis Pontevedra que precisamente debutará ante o Bembrive o próximo 16 de setembro.
O Cidade de Pontevedra pola súa banda, encadrado no Grupo III, estreouse a fin de semana en Mosteiro ante A Fervenza, nun encontro que se saldou con empate a dous goles, sendo o terceiro equipo deste grupo o filial do Ourense Envialia.
O que aínda non se estreou é O Fisgón, na súa nova sede de Marín, pero prepárase para iso cun duelo de altura, ante un equipo da máxima categoría como é o Cidade das Burgas no Grupo II.
O choque disputarase este martes ás 21:00 horas no pavillón do Colexio San Narciso.
Relacionadas:
-
Un tempo para cada equipo e repartición de puntos entre Penya Esplugues e Poio Pescamar (1-1)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar avanza á fase final da Copa Galicia tras vencer ao Leis
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar fai sufrir ao vixente campión Atlético Navalcarnero (2-3)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar, preparado para o seu esixente debut ligueiro
Por Diego Espiño |