O Arosa paga a súa falta de puntería e regala o empate ao final a un Ourense con dez (2-2)
Por Redacción
Máis de media hora con dez e a remolque no marcador, pero o Ourense sacou petróleo da falta de puntería do Arosa, tamén de certo aire especulativo dos de Jorge Otero, e dun erro defensivo nos últimos minutos na área local, para arrincar un empate e deixar aos arlequinados xeados en pleno agosto ao ver como o seu mellor xogo non tiña recompensa no resultado final en forma de vitoria na xornada inaugural de liga.
Despois de ofrecer uns 30 minutos iniciais ilusionantes, con bo xogo e oportunidades, comezarían os problemas. Adiantábase o Arosa ao transformar Javi Pazos un penalti por mans dun defensor ourensán (minuto 21), enganando ao porteiro visitante, pero pasada esa media hora de xogo o Ourense restablecía a igualada tamén de penalti cometido por Marcos sobre Zanelli, que este mesmo encargouse de facer subir ao marcador.
Tras o descanso de novo o Arosa saíu mandando. Puido marcar Javi Pazos no primeiro minuto, pero quen o faría sería Manu Justo cun forte disparo desde o bordo da área (minuto 49). Yerai tivo nas súas botas a sentenza, pero mandou o balón ao poste e Novoa vía a segunda amarela ao derrubar a Seva, deixando aos ourensáns cun menos.
Pero en lugar de irse a buscar a un rival tocado, os de Jorge Otero deron un paso atrás, o que aproveitou o Ourense para empatar a falta de catro minutos para o final, con Zanelli repetindo como goleador.
A reacción final dos locais puido darlles a vitoria, pero no desconto Julio Rey atopouse co poste.
Consulta o acta do partido Arosa SC-Ourense CF nesta ligazón.
Relacionadas:
-
Empates con distinto sabor para Villalonga, Arosa e Ribadumia e derrota do Céltiga en Redondela
Por Redacción |
-
Non arranca o Arosa que empata co Villalonga, derrota do Céltiga e empate a domicilio do Ribadumia
Por Redacción |
-
Sorte dispar para Céltiga, Villalonga e Ribadumia
Por Redacción |
-
Ourense, Negreira, Barco e Barbadás, primeiros rivais de Arosa, Céltiga, Villalonga e Ribadumia
Por Alejandro Espiño |
-
O Pontevedra derrota a Coruxo e Arosa e adxudícase o XLVIII Trofeo Carneiro ao Espeto
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |