Sorte dispar para Céltiga, Villalonga e Ribadumia
Por Redacción
Tres equipos moi renovados e un denominador común, a loita pola permanencia. Sorte dispar na apertura de liga para Céltiga, que se impuxo con solvencia ao Negreira, Villalonga, arrincando un meritorio punto no Barco, e Ribadumia, que regresou derrotado do sempre complicado campo de Os Carrís, fronte ao Barbadás
Os da Illa apuntaban alto polo ofrecido en pretemporada e ratificaron esas sensacións. A pesar da lóxica necesidade de axuste que aínda ten, o equipo de Edu Charlín, que presentou nove caras novas no seu once inicial, saíu decidido a resolver pronto, creando numerosas oportunidades de gol, especialmente una de Stefan, que evitou o meta visitante Rodri.
O empate sen goles que reflectía o marcador ao descanso foi un simple accidente, xa que os dous equipos puideron marcar nun emocionante ida e volta de área a área.
Pero nada máis comezar a segunda parte adiantábase o Céltiga, ao aproveitar Nico un rexeite de Rodri a disparo de Eloy. O máis difídil estaba feito, pero Capelo establecía o empate de falta directa, colocando o balón na mesma escuadra cando se cumpría a hora de partido.
Só seis minutos tardaría o Céltiga en recuperar a vantaxe, ao transformar Paco un penalti sinalado por man de Rubén, que deixaría os puntos no Salvador Otero.
Consulta o acta do partido Céltiga-Negreira nesta ligazón.
Punto de ouro do Villalonga no Barco que debe servir aos de San Pedro para outorgarlles unha dose de confianza nas súas posibilidades. Os locais adiantáronse pouco antes do descanso por medio de Iván Vales.
Non baixou os brazos o Villalonga, que atopou recompensa a falta de oito minutos, co gol de Aarón Paredes.
Consulta o acta do partido Barco-Villalonga nesta ligazón.
Peor sorte correu o Ribadumia na súa visita ao Barbadás. Os do Salnés regresaron derrotados nun partido marcador pola asfixiante calor que fixo en Os Carrís (por encima dos 40 graos), o que condicionou o xogo, pouco vistoso, de ambos os equipos.
Un solitario gol de Ilyes, pouco antes de chegar ao descanso decidiu o partido. O Ribadumia tentou reaccionar na segunda parte, pero a expulsión de Josiño por dobre amoestación (minuto 69) deixoulles sen argumentos.
Consulta o acta do partido Barbadás-Ribadumia nesta ligazón.
Relacionadas:
-
Empates con distinto sabor para Villalonga, Arosa e Ribadumia e derrota do Céltiga en Redondela
Por Redacción |
-
Non arranca o Arosa que empata co Villalonga, derrota do Céltiga e empate a domicilio do Ribadumia
Por Redacción |
-
Goleada do Villalonga ao Céltiga e derrotas de Ribadumia nun partido tolo e Arosa
Por Ramiro Espiño |
-
O Arosa paga a súa falta de puntería e regala o empate ao final a un Ourense con dez (2-2)
Por Redacción |
-
A efectividade do Pontevedra imponse a un bo Céltiga (1-3)
Por Ramiro Espiño |
-
Ourense, Negreira, Barco e Barbadás, primeiros rivais de Arosa, Céltiga, Villalonga e Ribadumia
Por Alejandro Espiño |