O Ajax holandés, vencedor dunha emocionante Arousa Fútbol-7
Por Redacción
Unha das grandes canteiras do fútbol mundial, a do Ajax de Amsterdam, pasa a engrosar o palmarés da Arousa Fútbol-7 como vencedor da súa vixésima segunda edición.
O torneo de fútbol alevín chegou este domingo ao seu fin tras unha emocionante final entre o conxunto holandés e o Real Madrid (4-2).
Despois de quedar ás portas o ano pasado, o Ajax levantou esta vez o trofeo despois dun torneo inmaculado no que superou a equipos como o PSG e o Barcelona antes de chegar á gran final.
No partido decisvo, nun Estadio da Lomba vestido de gala e con gran ambiente nas bancadas, o cadro tulipán despregou un gran fútbol e apenas deu opción ao Real Madrid. Así na primeira metade chegou a poñerse 3-0, aínda que antes do descanso os madrileños recortaron distancias e ao comezo do segundo acto metéronse no partido co 3-2. Con todo o Ajax volveu anotar e mesmo puido ampliar a súa renda antes da conclusión certificando a súa superioridade no partido.
Ademais de Real Madrid, o podio de honra pechouno o Atlético de Madrid, terceiro. Pola súa banda o premio ao mellor xogador foi para Gabriel Osei, do Ajax, e o premio á deportividade para a Asociación Fútbol Angola.
Relacionadas:
-
Un campión mundial arxentino ten no seu palmarés o torneo internacional Arousa Fútbol 7
Por Manu Otero |
-
Os alevíns do Atlético Cuntis dan a sorpresa e acceden á fase final da Arousa Fútbol 7
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Emoción, goles e ata a 'haka' no arranque da Arousa F-7
Por Redacción |
-
A Arousa Fútbol-7 completa o seu cadro final tras unha emocionante fase previa
Por Redacción |