Contundente triunfo do Poio Pescamar en Leganés (0-4)
Por Redacción
Contundente e convincente triunfo a domicilio do Poio Pescamar ante un Leganés Masdeporte que se mostrou romo en ataque, o que sumado ao acerto visitante deparou o claro resultado final. As mozas de Marcio Santos confirman o seu bo inicio de tempada, situándose con sete puntos nos tres partidos disputados e nos postos altos da táboa.
Pouco tardou o equipo galego en adiantarse no marcador. Aos poucos segundos de iniciarse o partido, tras o saque de centro o Poio facía o primeiro gol cun disparo cruzado ao segundo pau de Jénnifer Lores, tras boa triangulación ofensiva.
O Leganés quixo sobrepoñerse tentando dominar, presionando a saída do balón do conxunto pontevedrés, que se mostraba cómodo esperando en cancha propia e buscando con velocidade as contras. Nunha delas chegaba o segundo gol, obra de novo de Jénnifer Lores culminando un dous para un.
Pouco despois, en xogada similar Jessy Lores poñía o 0-3 co que se chegaría ao descanso, coa falta de acerto das locais nas súas chegadas á área do Poio Pescamar.
Na segunda parte, o Leganés volvía tomar as rendas do choque e engadíalle maior intensidade ao seu xogo en busca da remontada, pero o bo facer visitante en tarefas defensivas e a falta de acerto local seguían sendo a tónica dominante. O conxunto madrileño chegaba a quedar cunha xogadora menos por expulsión de Patri por dobre amarela, situación que o Poio non aproveitou para sentenciar o choque, pero fíxoo finalmente xa co Leganés envorcado no xogo de cinco, cando Jéssica Ginet poñía o definitivo 0-4 para as galegas.
LEGANÉS (0): Merce; Laura Jiménez, Laura Medina, Puche e Ampi (quinteto inicial). Tamén xogaron, More, Alicia, Saki, Ángela e Marta Balbuena (segunda porteira).
POIO PESCAMAR (4): Silvia; Charo, Jénnifer Lores, Ceci e Jéssica Ginet (quinteto inicial). Tamén xogaron, Jessy Lores, Ale de Paz, Patri, Suki e Charo.
Goles: (0-1) Minuto 1: Jénnifer Lores. (0-2) Minuto 8: Jénnifer Lores. (0-3) Minuto 14: Jessy Lores. (0-4) Minuto 38: Jéssica Ginet.
Incidencias: Pavillón La Fortuna (Leganés). Uns 150 espectadores.
Relacionadas:
-
Primeira derrota da tempada para o Poio Pescamar ao caer en Alacante (4-1)
Por Redacción |
-
O líder examina o bo arranque do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar, a confirmar en Leganés o seu bo inicio de liga
Por Redacción |
-
Táboas nun disputado derbi entre Poio Pescamar e Ourense Envialia (1-1)
Por Redacción |
-
Primeiro derbi da tempada para o Poio Pescamar coa visita á Seca do Ourense Envialia
Por Redacción |
-
Sofre pero gaña o Poio Pescamar na súa visita ao debutante Txantrea (5-6)
Por Redacción |