Sofre pero gaña o Poio Pescamar na súa visita ao debutante Txantrea (5-6)
Por Redacción
O Poio Pescamar remontou na segunda parte un partido con alternativas no que a debutante UDC Txantrea realizou un meritorio encontro, poñendo contra as cordas á escuadra galega.
Aos tres minutos de xogo Mai Garde abría o marcador culminando unha contra a favor das locais. O Poio dominaba o xogo pero non atopaba claridade nos seus remates ata o empate de Charo aos catorce minutos de xogo.
Dous goles seguidos da navarras obra de Mai Garde e de Sandra acabaron por deixar ao descanso un sorprendente 3-1 para as locais, pero na segunda parte as de Marcio Santos saíron mellor e con dous goles de estratexia de Ceci e Jénnifer igualaban o choque aos 24 de xogo, para darlle a volta ao marcador dous minutos máis tarde por mediación de Sara.
Tardou en reaccionar o Txantrea ao dominio visitante e a cinco da conclusión atopábanse co 3-5 obra de Patri. Xa co xogo de cinco, as locais volvían meterse de cheo na pugna cos tantos de Vir Lázaro e de Mai Garde para volver empatar, pero Ale de Paz poñía o 5-6 para un Poio Pescamar que se mostrou máis expeditivo en tarefas defensivas nos minutos finais para manter a vantaxe e conseguir os tres primeiros puntos.
UDC TXANTREA (5): María Goñi; Mai Garde, Vir Lázaro, Ane Cabasés e Amaya Ibáñez (quinteto inicial). Tamén xogaron, Sandra Soto, Eva Porras, María Miranda, Rebeca Contín, Nerea Urra e Estíbaliz González.
POIO PESCAMAR (6): Silvia; Jénnifer, Charo, Jéssica e Ceci (quinteto inicial). Tamén xogaron, Ale de Paz, Patricia Corral e Sara Crespo.
Árbitros: Javier Caballero e Fernando Otamendi (Navarra). Amoestaron a Mai Garde e Vir Lázaro na UDC Txantrea e a Jénnifer no Poio Pescamar.
Goles: (1-0) Minuto 3: Mai Garde. (1-1) Minuto 14: Charo. (2-1) Minuto 16: Mai Garde. (3-1) Minuto 16: Sandra. (3-2) Minuto 22: Ceci. (3-3) Minuto 24: Jénnifer. (3-4) Minuto 26: Sara. (3-5) Minuto 35: Patri. (4-5) Minuto 35: Vir Lázaro. (5-5) Minuto 36: Mai Garde. (5-6) Minuto 37: Ale de Paz.
Incidencias: Pavillón Arrosadía (Pamplona). Preto de 300 espectadores.
Relacionadas:
-
Contundente triunfo do Poio Pescamar en Leganés (0-4)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar, a confirmar en Leganés o seu bo inicio de liga
Por Redacción |
-
Táboas nun disputado derbi entre Poio Pescamar e Ourense Envialia (1-1)
Por Redacción |
-
Primeiro derbi da tempada para o Poio Pescamar coa visita á Seca do Ourense Envialia
Por Redacción |
-
Optimismo no Poio Pescamar ante o inicio da liga na Primeira División
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar empata con Cidade de As Burgas (3-3) na presentación ante o seu público
Por Redacción |