Táboas nun disputado derbi entre Poio Pescamar e Ourense Envialia (1-1)
Por Redacción
Repartición de puntos na estrea ligueira na casa do Poio Pescamar, co primeiro derbi galego da tempada ante o Ourense Envialia (1-1).
Nun partido moi disputado, as vermellas foron as primeiras en golpear. Despois dun inicio igualado e con poucas ocasións, Ceci acertou á primeira cun potente disparon aos catro minutos de xogo.
A alegría durou pouco, xa que no minuto 8 Bea Seijas poñía as táboas nun remate ao segundo pau.
Na segunda metade o Poio Pescamar fíxose co mando do partido e contou con ocasións para levar os tres puntos, pero non acertou ante portería e o marcador xa non se movería.
POIO PESCAMAR (1): Silvia, Ceci, Charo, Jéssi, Jenny -cinco inicial- Ale de Paz, Patri Corral, Suki, Cárol.
OURENSE ENVIALIA (1): Vane, Sara Moreno, Nerea Lorenzo, Bea Seijas, Jéssica Diéguez -cinco inicial- Sara Martínez, Antía, Marta Rodríguez.
Goles: 1-0 Ceci, min.4; 1-1 Bea Seijas, min.8.
Incidencias: Partido disputado no pavillón da Seca, en Poio, ante máis de 300 espectadores.
Relacionadas:
-
Contundente triunfo do Poio Pescamar en Leganés (0-4)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar, a confirmar en Leganés o seu bo inicio de liga
Por Redacción |
-
Primeiro derbi da tempada para o Poio Pescamar coa visita á Seca do Ourense Envialia
Por Redacción |
-
Sofre pero gaña o Poio Pescamar na súa visita ao debutante Txantrea (5-6)
Por Redacción |