Lourdes Domínguez despídese do US Open na fase previa
Por Redacción
Do mesmo xeito que lle sucedeu en Wimbledon, Lourdes Domínguez non logrou entrar no cadro final do US Open, último grand slam do ano.
A tenista pontevedresa caeu no seu primeiro partido da fase previa ante a holandesa Cindy Burger, polo que non poderá defender a primeira rolda que alcanzou o pasado ano.
Lourdes, actual número 141 do ránking WTA, viuse sorprendida en Nova York pola 147 da clasificación despois de tres duras mangas.
O primeiro set foi para a pontevedresa por 6-4, pero Burger refíxose para dar volta ao partido nos dous seguintes parciais, 6-4 e 7-5.