Ángel Iglesias, extremo dereito, novo xogador do Octavio que recala na SD Teucro
Por Redacción
A SD Teucro atopou un filón no Academia Octavio. Tras o descenso dos vigueses a Primeira Nacional, os azuis fixéronse con algúns dos seus principais xogadores. E a súa última fichaxe, tamén provén de Vigo. Trátase do extremo dereito galego Ángel Iglesias co que, salvo sorpresas, os teucristas pechan o seu persoal para a próxima tempada.
O xogador coruñés, que xogou na liga Asobal da man do Frigoríficos do Morrazo durante as tempadas 2013/2014 e 2014/2015, chega a Pontevedra tras asinar un contrato por dúas tempadas.
O extremo de 22 anos, que compartirá posto con Edu Moledo, foi internacional júnior coa selección española, coa que conseguiu a clasificación para o Mundial 2015.
"Ángel é outro xogador novo, galego e con moito por demostrar que se une ao noso proxecto. Tiña que chegar ao Teucro hai xusto un ano, pero entón non puido ser. Por iso agora estou moi satisfeito coa súa incorporación", sinalou o técnico da SD Teucro, Quique Domínguez.
Xunto con Edu Moledo, explica o técnico, "forman un extremo dereito de moitas garantías para a División de Honra Prata".
Relacionadas:
-
Johnny Medina, un especialista defensivo para o Teucro
Por Redacción |
-
O Teucro solicita empezar a liga fóra da casa polas obras do Pavillón Municipal
Por Diego Espiño |
-
Víctor Rodríguez comunica ao Teucro que xogará no Atlético Valladolid
Por Diego Espiño |
-
O porteiro Javi Santana regresa á SD Teucro dez anos despois
Por Redacción |
-
O Teucro 'pesca' de novo no Octavio e pecha a fichaxe do pivote Juan Quintas
Por Redacción |
-
O lateral Saúl Campo, terceiro reforzo do Teucro
Por Redacción |