Corredores do Super Froiz plantan cara a ciclistas profesionais en Portugal
Por Redacción
Sergio Míguez e Miguel Gómez protagonizaron unha gran fin de semana para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz en Portugal, quedando en cuarto e en sexto lugar respectivamente en dúas carreiras disputadas con ciclistas de categoría profesional.
No Memorial Bruno Neves e ante un ilustre pelotón, o conxunto alimenticio asinou a mellor actuación da tempada ao lograr Sergio Míguez o cuarto na clasificación xeral, polo que levou a camisola branca como mellor corredor novo, mentres que o luso João Matías foi sexto e fíxose co verde das metas volantes.
Este rendemento confirmouse co segundo posto na clasificación por equipos só superado polo conxunto profesional W52 no que milita o vilagarcián Gustavo César Veloso, que gañou as dúas últimas voltas a Portugal.
Tratábase dun circuíto de 146 quilómetros, rompe pernas como se di no mundo do ciclismo. Aos 20 quilómetros de saída produciuse unha escapada de tres corredores entre os que estaba João Matías. Tras varios cambios na cabeza de carreira, ao final gañou Ángel Sánchez do W52 e Míguez quedou cuarto tras un sprint entre o grupo perseguidor.
O día anterior disputouse o Trofeo Concello de Azemeis no que Miguel Gómez logrou un brillante sexto posto despois de formar parte dunha escapada de nove corredores. Fixo primeiro en categoría elite-sub23 e sexto na de profesionais.
A escapada produciuse no quilómetro 20 na que tamén estaba João Matías Araujo quen fixo un gran traballo para Miguel durante 80 quilómetros antes de empezar a subir o porto da xornada de primeira categoría de 20 quilómetros.
Chegaron a coroar o porto tres corredores entre os que estaba Miguel Gómez pero no baixada seis homes (catro do W52) puxéronse a tirar e colléronos a 20 de meta onde se disputou a vitoria ao sprint.
Relacionadas:
-
Unha aparatosa caída de Miguel Gómez obriga o Froiz a despedirse do campionato de España
Por Redacción |
-
Martín Bouzas, do Froiz, proclámase campión de España contrarreloxo Sub-23
Por Redacción |
-
Dúas medallas para o GD Supermercados Froiz no Campionato Galego de Fondo
Por Redacción |
-
Triplo compromiso para o GD Supermercados Froiz o fin de semana
Por Redacción |