Triplo compromiso para o GD Supermercados Froiz o fin de semana
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Tres importantes citas debe afrontar o GD Supermercados Froiz este fin de semana. A primeira delas será o Campionato Galego de fondo, un dos obxectivos principais da tempada. Disputarase a partir das 16.00 horas deste venres na Estrada, sobre un percorrido de 120 quilómetros.
A liña de saída estará situada na Porta do Sol e a meta na rúa Leicures. O desenlace do campionato está previsto entre as 19:00 e as 19:30 horas despois de completar seis voltas a un circuíto de 20 quilómetros. Os corredores pasarán polas parroquias de Aguións, Barbude, Arnois, Riobó, Berres, Ribeira e Moral. Un trazado que destaca pola súa beleza, transcorrendo nalgúns tramos paralelos ao río Ulla, e pola súa esixencia, con constantes subidas e baixadas.
Ademais dos títulos autonómicos en xogo, esta competición celébrase na semana previa aos Campionatos de España, polo que será un interesante test para a cita que se disputará na provincia de Alacante. Nun primeiro momento, o Campionato de Galicia estaba fixado para o domingo 5 de xuño, pero o cambio de data foi obrigado debido a coincidencia con outros eventos na provincia, o que supoñería o incumprimento da nova normativa relativa á tramitación de probas deportivas.
Esta non será a única cita do fin de semana, xa que o sábado os corredores da categoría elite, liderados por Pedro Merino, regresarán a terras portuguesas para disputar o Memorial Bruno Neves.
Portugal converteuse nun dos escenarios perfectos para o conxunto pontevedrés, que atopou alí un calendario con probas que gozan dun alto nivel de participación.
A terceira cita do fin de semana será a Clásica Mungía, no País Vasco, na que o Froiz acudirá cun sete integrado por ciclistas sub-23, ao ser unha proba exclusiva para a devandita categoría.
Relacionadas:
-
Corredores do Super Froiz plantan cara a ciclistas profesionais en Portugal
Por Redacción |
-
Dúas medallas para o GD Supermercados Froiz no Campionato Galego de Fondo
Por Redacción |
-
César Neira achégase aos Xogos Paralímpicos tras lograr unha medalla de bronce na Copa do Mundo
Por Redacción |
-
Medina roza o triunfo na homenaxe a Evaristo Portela
Por Redacción |