O Villalonga asegura a continuidade do bloque no seu retorno a Terceira División
Por Redacción
Coa renovación do adestrador, Antonio Fernández, a piques de confirmarse, o Villalonga iniciou a formación do equipo que a próxima tempada terá como obxectivo consolidarse en Terceira división e polo momento asegurouse xa a continuidade de nove dos seus xogadores que foron claves para lograr o ascenso.
José Fernández, Manu, Alfonso, Santi, Bisti, Iván Renda, Ivan Parada, Jose Núñez e Javi Pazos, xa pecharon as súas negociacións co equipo que preside Lorena Fernández, que tras conseguir o ascenso e o título de campión da Rexional Preferente, non tardou en poñerse a traballar coa súa directiva co fin de asegurarse unha base sólida, antes de afrontar a posibilidade de novas fichaxes que reforcen ao equipo.
Precisamente un dos temas máis urxentes é o da renovación de Antonio Fernández, co que as xestións están moi avanzadas e a piques de culminar na firma do técnico, que seguirá así unha tempada máis dirixindo ao equipo de San Pedro, tras conseguir devolvelo á Terceira División, callando unha tempada sensacional.